miércoles, 27 de abril de 2016

DÍA DA FIBROSE QUÍSTICA

As nenas e nenos de 5 anos festexamos o día da Fibrose Quística coa nosa compañeira Leire... Traballamos na aula para facer un mural na entrada do colexio cheo de cor e alegría... Entre toda a comunidade educativa fixemos unha alfombra de sal...cada persoa achegou unha presada de sal de cor que colocamos nunha maravillosa flor no patio do noso colexio. Foi un día de solidariedade e respecto ás nenas e nenos afectados por esta enfermidade, e en especial a Leire.

DÍA DA FIBROSE QUÍSTICA by Slidely Slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario