lunes, 27 de abril de 2020

PSICOMOTRICIDADE

LÓXICO - MATEMÁTICA

LETRAS E CONTOS

Como xa é costume, empeza unha nova semana , o que conleva publicar novas propostas de actividades.


  • Unha delas é que leades este conto xunto ao voso fillo e, ao terminar, lle fagades algunha pregunta do mesmo para saber se estivo atento e se decatou de que trataba.










  •  Recortar de revistas, xornais, etiquetas…as CONSOANTES que fomos traballando durante o curso (maiúsculas, minúsculas, letra de imprenta…)e pódenas gardar nun sobre para cando volvamos ao cole poder pegalas no libro que estabamos a facer.
Lémbrovos as letras traballadas:  p,  l,  ll,  m,  n,  ñ,  s,  t, d,  b, v,  z,  c,  r, rr.

 Como máximo 5 letras de cada.

       
  • E xa por último, déixovos esta actividade creativa e lúdica.






sábado, 25 de abril de 2020

INGLÉS


Recomendación para esta semana:

https://elt.oup.com/student/mouseandme/level03br/videos/?cc=global&selLanguage=en



Lembrade que a ligazón para acceder ao blogue da profe Carmen é:


englishcarmenchan.blogspot.com

miércoles, 22 de abril de 2020

23 DE ABRIL, O DÍA DO LIBRO


Bos días!

Hoxe é o día do libro polo que vos deixo un conto personalizado de cada un dos vosos fillos. Picando encima de cada nome lévavos a un cartafol que podedes descargar e imprimir . Os vosos fillos poderán gozar do seu propio conto léndoo e coloreándoo.



GABRIEL

HUGO

JUAN

LARA

LAURA

LOIS

MANUEL

MATEO

PAULA

PEDRO

SALVA

TEO

THIAGO

UXÍA

lunes, 20 de abril de 2020

DIARIO DUNHA CORENTENA

Bos días a todos !

Espero que todos esteades ben e que o vaiades levando con paciencia.
Unha semana máis na que seguimos encerrados e teletraballando polo que aquí déixovos unha nova proposta.
Os que non teñades impresora, podedes facer a actividade igualmente nun folio.








domingo, 19 de abril de 2020

CANCIÓN PERSONALIZADA

Se poñedes Tina e Tin en Google seguido do nome do voso fillo ou filla, mirade o vídeo que sae.


GOOGLE : TINA Y TIN +...

A eles vailles a gustar.


miércoles, 15 de abril de 2020

RADIO ARRABAL

Xa está dispoñible na páxina web do centro, un novo programa da radio feito desde as casas con alumnado do colexio.

"Programa Especial Corentena"

Estades todos convidados a escoitalo.

INGLÉS



Se entrades nesta páxina, veredes que está chea de cancións, vídeos e xogos para practicar un pouquiño o inglés.

https://pbskids.org/

jueves, 2 de abril de 2020

COVID-19 IV

Bos días!
Aínda que teñamos que seguir metidos na casa, estamos ante o peche trimestral ( 2º avaliación) e o período vacacional de Semana Santa.


Mañá, venres 3 de abril, poderedes ver as notas dos vosos fillos/as a través do Abalar Móbil.

Para estes días, déixovos un taboleiro especial e así poidades xogar todos xuntos a este parchís.

Recomendo vexades dentro da web, no departamento de Pt e AL (Departamento Orientación), unha serie de contos "O mundo das emocións"


Un abrazo, moita saúde e descanso.