lunes, 15 de junio de 2020

CHEGA A DESPEDIDA

Olaaaa!
Ben, chegou o final de curso e o final da vosa etapa en infantil.
Xa sodes maiores, e así sen darnos conta, pasaron tres anos desde que chegastedes ao colexio por primeira vez cheos de ilusión, medo, alegría, pena, dúbidas, …
Este non é o final de ciclo que seguro nin vós nin eu esperabamos. O coronavirus estragou a nosa festa de graduación e deixounos sen gozar destas últimas semanas de estar no colexio esperando polas vacacións, preparando con ilusión a mellor despedida con abrazos e bicos.
Hugo, Juan, Teo , Manuel, Thiago, Lara, Lois, Gabriel, Laura,  Uxía, Paula, Salva, Pedro e Mateo, estou moi orgullosa de todos vós. Vouvos botar de menos e, a partir do ano que vén, estou segura que seguiredes crecendo, aprendendo e gozando cos novos profesores e coa nova etapa que comezades.
Un bico da vosa profe, que serei sempre, Ana Garcés.
Feliz verán!





VACUCA VAI DE VACACIÓNS

LÓXICO-MATEMÁTICA

PSICOMOTRICIDADE

martes, 2 de junio de 2020

VOZ NATURA

O venres 5 é día do medio ambiente, polo  que desde Voz Natura propónsenos unha serie de actividades que a continuación vos achego.





PSICOMOTRICIDADE

LÓXICO - MATEMÁTICA

NOVAS PROPOSTAS

Bos días!

Xa estamos no último tramo do curso. Aquí deixo novas propostas para estes días.

Como xa vén sendo habitual, comezamos cun conto: La oveja que incubó un huevo.









Fuente: https://www.youtube.com/watch?v=Um32c-KJeWg&feature=youtu.be




Agora toca traballar un pouco máis a atención con estes xogos.

lunes, 25 de mayo de 2020

¨TRABALLOS DE MATEMÁTICAS

Os que teñades algunha foto feita dos vosos traballos de matemáticas, podedes envialos ao seguinte correo electrónico:

analgo@edu.xunta.gal

PSICOMOTRICIDADE

LÓXICO - MATEMÁTICA

NUBE BRANCA

Ola !
Novas propostas semanais.
Comezamos cun conto do que poden facer un breve resumo por escrito.








Continuamos cunhas fichas que serven para fomentar a atención do neno entre outras cousas:






E, para terminar, seremos capaces de resolver?



*Fonte: pinterest.es



miércoles, 13 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS

Nova proposta do Equipo Dinamización Lingua Galega.



Os que vos animedes, podedes enviar os vosos traballos a:

marygonbar@edu.xunta.es

lunes, 11 de mayo de 2020

PSICOMOTRICIDADE

LÓXICO-MATEMÁTICA

NOVAS PROPOSTAS

Bos días a todos e a todas!

-Adentrámonos na semana das letras Galegas polo que o conto que vos propoño para ler é, como non, en galego “Un día de treboada”.Lembrade facerlle preguntas do conto despois da súa lectura.





-Tamén poden facer un breve resumo do conto por escrito, un debuxo, cambiarlle o final,…


-Outra proposta de actividade é estre crucigrama:





*Fonte:mikinder.blogspot.com


-Achegovos tamén, unhas mandalas para traballar así a atención. Poden colorealas co que teñan ao seu alcance: ceras, acuarelas, rotuladores, lapis de cores,…











- E xa para rematar, buscar e decorar tres camisetas como a do modelo:





lunes, 4 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano a celebración das letras galegas adícase a Ricardo Carballo Calero.



Analizando a súa biografía, a súa obra,..e a modo de síntese, poderiamos dicir que, a lingua galega ademais de falala, lela, escribila e pensala, tamén a soñaba. Soños caracterizados pola ilusión de que a cultura galega se estendese por todo o mundo.


A continuación, deixo unha das súas obras " As pitas baixo a choiva" (versión adaptada facilitada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega) e vos propoño como actividade creativa, ademais de lelo xunto aos vosos fillos , a elaboración da portada do conto a través dun debuxo que podedes facer utilizando ceras, témpera, acuralela, recortes do xornal, material de refugallo, ... calquera outro material que teñades ao voso alcance e o podedes enviar, se queredes, antes do 13 de maio ao seguinte correo electrónico :

marygonbar@edu.xunta.es
(lembrade poñer o nome ,os apelidos e curso 6º E.Infantil)





PSICOMOTRICIDADE

LÓXICO-MATEMÁTICA

INGLÉS

Se queredes enviarlle tarefas de inglés á profe Carmen, achégovos o seguinte correo electrónico:

englishworks.carmenchan@gmail.com

NOVAS PROPOSTAS


Bos días a todos  e a todas!

 Seguindo coa nosa dinámica de traballo, déixovos novas propostas.

-Conto: Por suposto, como sempre, non deben faltar algunhas preguntas despois da lectura para comprobar se estivo atent@ e entendeu de que ía o conto.



*Fonte: YouTube‎ · ‎Aula de Elena

-Escribir o seu nome e o doutros membros da familia, amigos,…

-Facer letras e formar palabras coa plastilina.

-A ver se sodes capaces de descubrir a palabra que se forma ao seguir o camiño para chegar ao recadro:


*Fonte: http//picasaweb.google.com/betianapsp



- Os xogos de mesa: (xogos de cartas, parchís, oca, tres en raia, dominó...)


lunes, 27 de abril de 2020

PSICOMOTRICIDADE

LÓXICO - MATEMÁTICA

LETRAS E CONTOS

Como xa é costume, empeza unha nova semana , o que conleva publicar novas propostas de actividades.


  • Unha delas é que leades este conto xunto ao voso fillo e, ao terminar, lle fagades algunha pregunta do mesmo para saber se estivo atento e se decatou de que trataba.










  •  Recortar de revistas, xornais, etiquetas…as CONSOANTES que fomos traballando durante o curso (maiúsculas, minúsculas, letra de imprenta…)e pódenas gardar nun sobre para cando volvamos ao cole poder pegalas no libro que estabamos a facer.
Lémbrovos as letras traballadas:  p,  l,  ll,  m,  n,  ñ,  s,  t, d,  b, v,  z,  c,  r, rr.

 Como máximo 5 letras de cada.

       
  • E xa por último, déixovos esta actividade creativa e lúdica.






sábado, 25 de abril de 2020

INGLÉS


Recomendación para esta semana:

https://elt.oup.com/student/mouseandme/level03br/videos/?cc=global&selLanguage=en



Lembrade que a ligazón para acceder ao blogue da profe Carmen é:


englishcarmenchan.blogspot.com

miércoles, 22 de abril de 2020

23 DE ABRIL, O DÍA DO LIBRO


Bos días!

Hoxe é o día do libro polo que vos deixo un conto personalizado de cada un dos vosos fillos. Picando encima de cada nome lévavos a un cartafol que podedes descargar e imprimir . Os vosos fillos poderán gozar do seu propio conto léndoo e coloreándoo.



GABRIEL

HUGO

JUAN

LARA

LAURA

LOIS

MANUEL

MATEO

PAULA

PEDRO

SALVA

TEO

THIAGO

UXÍA

lunes, 20 de abril de 2020

DIARIO DUNHA CORENTENA

Bos días a todos !

Espero que todos esteades ben e que o vaiades levando con paciencia.
Unha semana máis na que seguimos encerrados e teletraballando polo que aquí déixovos unha nova proposta.
Os que non teñades impresora, podedes facer a actividade igualmente nun folio.








domingo, 19 de abril de 2020

CANCIÓN PERSONALIZADA

Se poñedes Tina e Tin en Google seguido do nome do voso fillo ou filla, mirade o vídeo que sae.


GOOGLE : TINA Y TIN +...

A eles vailles a gustar.


miércoles, 15 de abril de 2020

RADIO ARRABAL

Xa está dispoñible na páxina web do centro, un novo programa da radio feito desde as casas con alumnado do colexio.

"Programa Especial Corentena"

Estades todos convidados a escoitalo.

INGLÉS



Se entrades nesta páxina, veredes que está chea de cancións, vídeos e xogos para practicar un pouquiño o inglés.

https://pbskids.org/

jueves, 2 de abril de 2020

COVID-19 IV

Bos días!
Aínda que teñamos que seguir metidos na casa, estamos ante o peche trimestral ( 2º avaliación) e o período vacacional de Semana Santa.


Mañá, venres 3 de abril, poderedes ver as notas dos vosos fillos/as a través do Abalar Móbil.

Para estes días, déixovos un taboleiro especial e así poidades xogar todos xuntos a este parchís.

Recomendo vexades dentro da web, no departamento de Pt e AL (Departamento Orientación), unha serie de contos "O mundo das emocións"


Un abrazo, moita saúde e descanso.







martes, 31 de marzo de 2020

COVID-19 III



NOVAS PROPOSTAS:


Para estes días propóñovos dous retos:

1.- Tratar de plasmar a modo de diario, o que ides facendo cada día: 

escribindo, debuxando, pegando recortes,…


2.- Busca formas xeométricas por casa ( quesitos, pratos, …) e feixe 

composicións con eles. Se queres podes facerlle fotos e cando volvamos

 comentámolas.



LIGAZÓNS:


htttps://youtu.be/Oaw-d3r_glc

miércoles, 25 de marzo de 2020

COVID -19 II

CONTINUAMOS CON MÁIS RECOMENDACIÓNS NESTA ETAPA DE CONFINAMENTO


- Adicar un tempo diario á lectura (contos, pequenos textos, cómics,...)

-Facerlles preguntas sobre o lido

-Realizar unha receita de cociña e deixala por escrito

-Debuxar , pintar, recortar e pegar

-Estimular a atención e a memoria a través de xogos (buscar parellas, dominó,...)

-Axudar nas tarefas da vida cotiá (poñer a mesa, facer a cama, dobrar a roupa, ordenar o cuarto...) facelos partícipes reforzando o traballo ben feito fomentando así o desenvolvemento da súa autonomía.

-Facer xogos de simulación de situacións de interacción social que servan de ensaio condutual ( xogar a profesións, a facer a compra,...)




OUTRAS LIGAZÓNS:

https://www.abcya.com/
https://youtu.be/SNZRQ-C8b4M

https://youtu.be/ibJFHBTWBDA
https://neuromotricidad.com/2020/03/22actividades-neuromotoras-en-periodo-de-cuarentena/


FACER UN USO RACIONAL DAS TECNOLOXÍAS

DISFRUTAR DO TEMPO QUE PODEMOS PASAR COS NOSOS FILLOS,  VENDO O LADO POSITIVO DAS COUSAS, SEN AGOBIOS E RELAXADAMENTE

Monstruo de Colores Coronavirus

martes, 17 de marzo de 2020

COVID-19




RECOMENDACIÓNS DE TRABALLO PARA OS DÍAS NA CASA


 ·  Lectura de contos.
·  Xogos de busca e atrapa en revistas, xornais, ... para traballar a atención.
·  Repaso das letras minúsculas traballadas na aula de letrilandia  (a, e. i ,o ,u,  p, l, ll, m, n, ñ, s, t, d, b, v, z, c, r, rr ).
·  Ditado de palabras  (facer a lista da compra, ...).
·  Relacionar imaxes coa palabra dada.
·  A partir de dúas palabras escribir frases con elas.
·  Quebracabezas, xogos de mesa ( Oca, parchis, ...).
·  Manualidades.
·  Debuxos.

 JUEDULAND  ten unha longa listaxe de ligazóns recomendando só aqueles de educación infantil ( pocoyo, el buho boo,... etc)

CONTOS : http://milcuentos.com/
                     http://www.cuentoscortos.com
                     http: // vedoque.com/html5/matematicas/regletasolimpicas/

CO DESEXO DE QUE ESTA SITUACIÓN REMITA PRONTO.

Un saúdo.



viernes, 28 de febrero de 2020

UXÍA

ESTE MES DE FEBREIRO CARGADIÑO DE CUMPLES ESTIVO.
XA PARA TERMINALO, CELEBRAMOS HOXE O DE UXÍA




MOITÍSIMAS FELICIDADES UXÍA!

martes, 18 de febrero de 2020

PEDRO

O PRÓXIMO DÍA, 24 DE FEBREIRO, ESTÁ PEDRO DE ANIVERSARIO E COMO NON IMOS A ESTAR TODOS XUNTOS NA CLASE XA QUE ESTAREMOS GOZANDO DAS VACACIÓNS DE ENTROIDO, DECIDIMOS CELEBRALO HOXE.




MOITAS FELICIDADES PEDRO!

viernes, 7 de febrero de 2020

GABRIEL

OUTRO DÍA DE CELEBRACIÓN. HOXE TOCOU UN NOVO ANIVERSARIO, O DE GABRIEL.




FELICIDADES GABRI!

miércoles, 5 de febrero de 2020

O ANIVERSARIO DE SALVA


ESTE MES DE FEBREIRO TÉMOLO CARGADIÑO DE CELEBRACIÓNS.

HOXE ESTÁ DE ANIVERSARIO SALVA QUE XA TEN 6 ANOS.





MOITÍSIMAS FELICIDADES!

viernes, 24 de enero de 2020