lunes, 27 de abril de 2020

LETRAS E CONTOS

Como xa é costume, empeza unha nova semana , o que conleva publicar novas propostas de actividades.


  • Unha delas é que leades este conto xunto ao voso fillo e, ao terminar, lle fagades algunha pregunta do mesmo para saber se estivo atento e se decatou de que trataba.










  •  Recortar de revistas, xornais, etiquetas…as CONSOANTES que fomos traballando durante o curso (maiúsculas, minúsculas, letra de imprenta…)e pódenas gardar nun sobre para cando volvamos ao cole poder pegalas no libro que estabamos a facer.
Lémbrovos as letras traballadas:  p,  l,  ll,  m,  n,  ñ,  s,  t, d,  b, v,  z,  c,  r, rr.

 Como máximo 5 letras de cada.

       
  • E xa por último, déixovos esta actividade creativa e lúdica.






1 comentario: